Un ano e un mes despois de que  CUAC decidise cesar as emisiòns na FM por mor da apertura do expediente sancionador, por parte da Xunta de Galicia, no que se ameazaba cunha sanciòn a esta emisora comunitaria de ata 200.00€, a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de dictar unha sentenza no que estima o recurso presentado pola Asociación Colectivo de Universitarios Activos (CUAC) contra a prohibición de emisión radiofónica en FM ditada pola Xunta de Galicia na resoluciòn de dito expediente sancionador do pasado mes de febreiro de 2018.

Dita sentenza, ditada con data de 29 de outubro de 2018, consta dos seguintes puntos:

  1. O TSXG admite o recurso presentado por CUAC contra a a resoluciòn do expediente sancionador no apartado 2 no que a Xunta advirte a Cuac FM “que podería ser sancionada se continuase coa actividade”
  2. O TSXG declara que a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia infrinxiu “os dereitos fundamentais de CUAC” por vulnerar o artigo 20 da Constitución Española que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión e comunicación,  no que se inclue do dereito “de creación e uso de medios de comunicación, neste caso dos servizos de comunicación audiovisual comunitarios”. Asi, o dereito á creación de medios de comunicación “a través dos cales difundir ideas, opinións e información” é unha “das liberdades recoñecidas” na Constitución.
  3.  O TSXG declara na sentenza que Cuac FM ten vixente unha garantía temporal de emisión (que lle negaba a Secretaría Xeral de Medios) mentres a administración competente “non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantía temporal”. As xuízas do TSXG argumentan que a lexislaciòn audiovisual prevé un período en que os operadores poderán seguir emitindo ata que se regule polo Estado, “prevendo a concesión das oportunas licenzas, sen que se producise aínda a regulación normativa en Galicia”.

A sentenza pode lerse na sùa integridade no seguinte enlace: Sentenza_Cuac_FM (PDF)

Asi pois, o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é estimatorio de todas as pretensións de Cuac FM, recoñece o seu dereito a emitir pola Frecuencia Modulada, outorga a Cuac FM unha garantía temporal de emisión e considera contra dereito a resoluciòn da Xunta de Galicia.

As socias e socios de CUAC reuniranse en asemblea o vindeiro mèrcores 31 de outubro co fin de decidir os vindeiros pasos a dar por parte do Colectivo. CUAC agradece a todas as persoas e entidades que, dende diferentes àmbitos apoiaron a esta emisora comunitaria na sùa defensa da liberdade de expresiòn e dos dereitos da cidadanìa, às que seguirà informando a travès das sùas canles habituais de comunicaciòn social. #CuacResiste #CuacVolve

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.