Resultado de imagen de VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional

Cuac FM participa esta tarde no no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).

O mércores 25 de abril, de 18h a 20h terá lugar na facultade de Ciencias da Comunicación da USC, no Campus Norte de Santiago de Compostela, unha mesa redonda sobre “Medios de Comunicación Alternativos” no que, Xunto con Cuac FM, participarán representantes de xornais dixitais galegos como Praza Pública, O Salto Galiza, Novas de Galiza, Nueva revolución e Contrainformación.es.

O obxectivo do Seminario é capacitar xornalistas e futuros xornalistas na comunicación para o cambio social, de xeito que contribúan co seu labor a erradicar prexuízos e favorecer a inclusión. A actividade vai especialmente dirixida tanto a estudantes de xornalismo como a profesionais en activo, se ben está aberta a persoas de calquera eido.  Máis información en: http://www.agareso.org/gl/  

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.