Entrevista a Pepe Álvarez, Secretario Xeral Confederal de UGT no programa “Alegría” de Cuac FM, a Emisora Comunitaria da Coruña. Álvarez analizou a situación social e laboral en España e destacou a perda de dereitos democráticosno estado, como a liberdade de expresión: a Lei Mordaza, a persecución a twitteros, o enxuizamento de sindicalistas por exercer o dereito á folga son de extrema preocupación para o líder sindical.
O líder sindical explica a manipulación mediática que están a sufrir UGT, CCOO, e outros colectivos que manifestan a súa preocupación pola xudicialización” do conflicto catalán e denuncia que non pode haber prisións preventivas permantentes contra persoas “que non están condenadas e que están detidas só por expresar as súas ideas”.
Podedes escoitar a entrevista no podcast 15×21 Alegria dispoñible no RadioCo.
Álvarez recalcou que o Primeiro de Maio debe ser “unha reivindicación masiva de toda a cidadanía en protesta contra o recorte das pensións, pola defensa da igualdade, polos dereitos e liberdades que nos recortaron, non só laborais, senón democráticos“.
O Secretario Xeral de UGT solidarizouse coa situación de Cuac FM e reclamoulle ás administracións que restitúan o noso dereito a emitir na FM “pois non existe ningnha razón para que Cuac FM non poda emitir”, como si o fan moitas outras radios.
UGT é un dos sindicatos que, de maneira institucional, asinou o “Manifesto polo Dereito a Comunicar“, tras a apertura do expediente sancionador a Cuac FM, por parte da Xunta de Galicia. A pesares de que a Xunta de Galicia arquivou o expediente por non haber motivos legais para o peche da emisora, prohíbelle emitir na frecuencia moduladae relega a esta emisora a emitir só por Internet, tras 22 anos de traxectoria como a única radio comunitaria da Coruña.