CUAC FM organiza a segunda edición do proxecto Radio Barrio no Centro Cívico de San Diego

Radio Barrio #2 é un proxecto dentro do programa Cultura de Barrio do Concello da Coruña. Non ten ningún custe para as persoas participantes.
 
Buscamos xente artista e creativa, en especial dos barrios de Os Castros, A Gaiteira, Castrillón… 
Radio Barrio é un proxecto de CUAC FM que pretende dar a posibilidade ás persoas creativas e artistas da nosa cidade de experimentar na radio. Buscamos novos formatos, novas ideas e, sobre todo, dar a opción de poñerse diante dun micro a calquera que o desexe.
 
O luns 16 de outubro celebramos unha xuntanza informativa no Centro Cívico de San Diego ( na aula 6) para explicar a actividade que se desenvolverá os venres 20 e 27, este día xa cun programa de radio con público. Para a xuntanza non hai que inscribirse, pero en caso de non poder asistir o luns, pero si querer participar os dous venres, o correo electrónico para inscripcións é comunicacion@cuacfm.org (Asunto Radio Barrio). Qué che gustaría contar na radio?
Os horarios serán: luns 16 de 19 a 20:30 (non é preciso chegar ao principio)
Venres 20 de 18 a 20:30
Venres 27 de 17 a 20:30 (preparación de 17 a 18:30 e realización do programa de 18:30 a 20:30)
Isto sucedeu no Radio Barrio  #1 Radio Barrio en Monte Alto

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.