cartel-cesar-de-centi

CUAC FM retoma este xoves 6 o Ciclo Música Contada, un dos ciclos de actuacións cos que celebra o seu XX Aniversario.

A cita novamente no Baba Bar será cun dos mellores cantautores coruñeses, César de Centi. A noite promete ser emocionante xa que recuperará para a ocasión cancións que fai moito tempo que non tocaba e que seguro que moitos dos seus seguidores agradecen. Durante o concerto, como xa é habitual no ciclo, os espectadores poden facer preguntas e comentarios interactuando co artista. O custe será de 4 euros (2 para socias e socios de CUAC). A apertura de portas ás 21.30.

E xa temos pechadas as duas últimas actuacións coas que pecharemos o ciclo. En novembro, o día 3 será un concerto doble con Pablo Rubén Fernández e Robert Pier, tamén no Baba Bar.

Para pechar o ciclo e tamén os actos do XX aniversario de CUAC teremos un concerto moi moi especial. Un artista que está agora mesmo triunfando e xirando por latinoamérica (Chile, Colombia e México) e que xa encheu a sala Mardi Gras na sua última visita a Coruña, na que presentaba o seu LP “De pana y rubí”. Será o 11 de decembro no Garufa Club. Única data en Galicia e na que se enfrentará a audiencia coa soa axuda da sua guitarra (e voz, claro).

Poderán facerse preguntas pero o sistema será diferente xa que cun aforo tan grande quedarán limitadas a un número razoable para non paralizar o ritmo do concerto.

As entradas están á venda dende xa neste enlace Entradium entradas El Kanka Coruña, ademáis de en Librería Cascanueces e Cafetería Olimpia (ao lado de Garufa Club) por 10 euros. Para a xente de CUAC haberá tamén un prezo especial (informaremos por correo interno).

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.