O XVIII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM finalizou xa o seu proceso de votacións por parte do Xurado.  Unha vez realizado o reconto de votos estamos a comprobar cales son as bandas galegas (polo menos unha delas será coruñesa, tal como indican as bases) que estarán actuando no Festival Noroeste Estrella Galicia no vindeiro mes de agosto.

Durante o día de hoxe o equipo de organización do concurso está a contactar coas bandas e facendo as últimas verificacións de que cumplen as bases do concurso.

Mañá lunes mendiante unha nota de prensa que se enviará de xeito coordinado co Concello da Coruña e o equipo de comunicación do Festival Noroeste publicaremos os resultados desta primeira fase e daranse a coñecer as persoas que formaron parte do Xurado. Para a segunda fase, a da Batalla de Bandas (será o 1 de outubro na Sala Mardi Gras) na que xa entran as bandas de todo o Estado, temos tamén a selección realizada pero non se darán a coñecer ata que pase o festival. Nos vindeiros días contactaremos coas bandas finalistas para comunicarlle que deben garantir que deben vir a actuar a Coruña se desexan gañar o premio.

O Equipo de Organización do XVIII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.