O programa de Radio Filispim e páxina web Ábrete de orellas foi elexido finalista ao Mellor Espazo de Comunicación Musical nos III Premios Galegos da Música Martín Codax. O proxecto de comunicación dirixido por Pepe Cunha saberá se obtén o galardón o vindeiro sábado 28 de abril na gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ábrete de Orellas emítese tamén en CUAC FM  (podes escoitalo o mércores de 9 a 10 da mañá ) é toda unha referencia no panorama musical e ofrece unha amplísima información sobre concertos, lanzamentos de discos e comentarios de concertos de estilos moi diversos.

Na mesma gala, Silvia Penide  (locutora de CUAC FM no programa Falcatruada emitido hai anos), tamén obtivo por segundo ano consecutivo a nominación á Mellor Artista na categoría de música pop.

Web de Ábrete de Orellas

 

Pepe-cunha_premios-620x330                                                     Pepe Cunha (terceiro pola esquerda) co resto de finalistas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.