Asistentes a formación do 5 de marzo

Módulo 1: Asociacionismo e Medios Comunitarios

CUAC FM realiza tódolos meses o seu curso de iniciación á comunicación radiofónica dirixido aos novos socios e socias dentro do programa de actividades da escola de radio e asociacionismo de CUAC FM.

Hoxe, 5 de Marzo, comezou un novo curso de formación co módulo de Asociacionismo e medios comunitarios impartido por Isa Lema.

A formación continuará o vindeiro sábado, no que o alumnado aprenderá a producir un programa de radio, grazas ao módulo de xornalismo e produción radiofónica.

Neste mes CUAC impartirá tamén un módulo de locución e control técnico da mesa de son.

Esta formación vense realizando con periodicidade mensual cunha duración de 10 horas (6 teóricas + 4 prácticas).

¿QUERES FACER UN PROGRAMA DE RADIO?

En CUAC FM ensinámosche todos os trucos da radio en directo.

¿QUERES PARTICIPAR NO NOSOS CURSOS DE FORMACIÓN?

Podes inscribirte nos nosos ciclos de formación de maneira gratuíta enviando un correo a comunicacion@cuacfm.org

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.