CUAC FM ven de publicar na súa web a Memoria anual de actividades de 2015 que recolle as principais actividades realizadas polo Colectivo de Universitarios Activos durante o pasado ano. Un ano adicado á xestión da emisora comunitaria da Coruña, á formación radiofónica, á comunicación e divulgación sobre medios comunitarios, investigación e innovación tecnolóxica e un intenso traballo en en rede a nivel galego, estatal e internacional.
A memoria está estruturada nos seguintes apartados:
- Xestión da emisora comunitaria CUAC FM.
- Producción comunitaria e Radioficción.
- Formación radiofónica e de medios comunitarios. Escola de Radio e Asociacionismo.
- XVII Concurso de maquetas CUAC FM.
- Celebración do 20 aniversario do Colectivo de Universitarios Activos e Gala OSCUACS 2015.
- Proxectos de I+D+i : RadioCo; Os Xóvenes e o Terceiro Sector da Comunicación.
- Participación de CUAC FM en Congresos e Conferencias Internacionais.
- Participación de CUAC FM en xornadas e obradoiros.
- Participación de CUAC FM na Rede de Medios Comunitarios (REMC) e traballo xurídico para a obtención dunha licencia para CUAC FM.
- Participación de CUAC FM na Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC-Europa).
- Encontro 14: publicación das conclusións do Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector.
- Colaboración de CUAC con outras entidades.
Descarga o documento no enlace: https://cuacfm.org/wp-content/uploads/2015/05/CUACFM_Memoria_anual_2015-5.pdf (tamaño do arquivo: 2,1 MG)
Máis información sobre as actividades de CUAC na web: https://cuacfm.org/zona-socios/memoria-anual-cuac/