O 24 de Maio foi un gran día para a radio na Coruña e nós o celebramos cun “PROGRAMA ESPECIAL: O DIA D” que, a partires das dúas da tarde fixo seguimento da actualidade electoral da nosa cidade e, unha vez pechadas as urnas, cubriu minuto a minuto, en directo, os resultados duns comicios que decidiron o destino de 250.000 coruñeses.
Os podcasts están dispoñibles no seguinte enlace:
Contamos minuto a minuto os resultados electorais da Coruña, dos concellos da bisbarra e demos conta do que ía pasando no resto de cidades galegas e do Estado, e nas 13 CCAA nas que se elexían parlamentos autonómicos.
Cubrimos a comparecencia de Carlos Negreira na Sede do Partido Popular en Directo, e falamos con Miguel Gómez, coordinador de comunicación do Partido Popular, Iago Martínez, coordinador de campaña de Marea Atlántica e e Antonio García Platas, responsable de comunicación de Ciudadanos.
Entrevistamos a un emocionado Xulio Ferreiro, candidato de Marea Atlántica e ao escritor Manuel Rivas, nas portas da sede da Marea.
Falamos tamén con Alberto Vilariño – Coordinador Local de Esquerda Unida Coruña, con Santiago Lamelo, de Marea Atlántica, . Recollemos as declaracións de Xosé Manuel Carril e Mar Barcón, candidatos do BNG e PSOE respectivamente.
Foron cinco horas e trinta minutos de radio en directo. O noso obxectivo foi ofrecer á cidadanía da Coruña unha cobertura electoral que favoreza a pluralidade política e social, o tratamento en profundidade das temáticas locais e as solucións electorais que lle dan os partidos, e outorgue á cidadanía a información precisa para exercer o seu dereito ao voto dunha maneira libre e informada.
Grazas a todos os voluntarios e oíntes que colaboraron nesta cobertura electoral das eleccións municipais na emisora comunitaria da Coruña.
Cuac FM no 103.4FM. Nada que ver.
A equipa do Especial Eleccións Municipais de CUAC FM estivo formado por:
Locución: Isa Lema, Tomi Desastre, Ozzy de Castro, Lucas Días e Javier Sal.
Técnica: Mariano Fernandez e Álex Cortiñas.
Producción: Bea Ulalume, María Nieto.
Redes Sociais: Chema Casanova, Roberto Ansede e Antonio Prado.
Na reportería:
PP: Diego de la Vega e Iverson
PSOE: Javier Pereira e Kevin Martínez.
MAREA ATLÁNTICA: Lucía Pita e Garou Catoira.
BNG: Mónica Alonso.
Corresponsal Na rúa: Pepa Díaz.