elecciones-cuacfm

O 24 de Maio foi un gran día para a radio na Coruña e nós o celebramos cun “PROGRAMA ESPECIAL: O DIA D” que, a partires das dúas da tarde fixo seguimento da actualidade electoral da nosa cidade e, unha vez pechadas as urnas, cubriu minuto a minuto, en directo, os resultados duns comicios que decidiron o destino de 250.000 coruñeses.

Os podcasts están dispoñibles no seguinte enlace:

https://cuacfm.org/eleccions-locais-2015/

Contamos minuto a minuto os resultados electorais da Coruña, dos concellos da bisbarra e demos conta do que ía pasando no resto de cidades galegas e do Estado, e nas 13 CCAA nas que se elexían parlamentos autonómicos.

Cubrimos a comparecencia de Carlos Negreira na Sede do Partido Popular en Directo, e falamos con Miguel Gómez, coordinador de comunicación do Partido Popular, Iago Martínez, coordinador de campaña de Marea Atlántica e e Antonio García Platas, responsable de comunicación de Ciudadanos.

Entrevistamos a un emocionado Xulio Ferreiro, candidato de Marea Atlántica e ao escritor Manuel Rivas, nas portas da sede da Marea.

Falamos tamén con Alberto Vilariño – Coordinador Local de Esquerda Unida Coruña, con Santiago Lamelo, de Marea Atlántica, . Recollemos as declaracións de Xosé Manuel Carril e Mar Barcón, candidatos do BNG e PSOE respectivamente.

Foron cinco horas e trinta minutos de radio en directo. O noso obxectivo foi ofrecer á cidadanía da Coruña  unha cobertura electoral que favoreza a pluralidade política e social, o tratamento en profundidade das temáticas locais e as solucións electorais que lle dan os partidos, e outorgue á cidadanía a información precisa para exercer o seu dereito ao voto dunha maneira libre e informada.

Grazas a todos os voluntarios e oíntes que colaboraron nesta cobertura electoral das eleccións municipais na emisora comunitaria da Coruña.

Cuac FM no 103.4FM.  Nada que ver.


A equipa do Especial Eleccións Municipais de CUAC FM estivo formado por:

Locución: Isa Lema, Tomi Desastre, Ozzy de Castro, Lucas Días e Javier Sal.

Técnica: Mariano Fernandez e Álex Cortiñas.

Producción: Bea Ulalume, María Nieto.

Redes Sociais: Chema Casanova, Roberto Ansede e Antonio Prado.

Na reportería:

PP: Diego de la Vega e Iverson

PSOE: Javier Pereira e Kevin Martínez.

MAREA ATLÁNTICA: Lucía Pita e Garou Catoira.

BNG: Mónica Alonso.

Corresponsal Na rúa: Pepa Díaz.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.