CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, participou esta fin de semana na asamblea anual da rede de medios comunitarios- ReMC- que se celebrou esta fin de semana, entre os días 8 e 10 de maio, en Vitoria Gasteiz. O proxecto anfitrión foi a emisora libre Radio Siberia cuxa sede tiveron oportunidade de coñecer os nosos compañeiros delegados Roberto Ansede e Roberto Catoira.

Na asamblea debateuse a situación actual da ReMC, elixíronse aos novos coordinadores das áreas de Comunicación e da Comisión de Lexislación.

Catoira na REMC

Catoira na REMC

Asimesmo, nos talleres celebrados debateuse sobre modelos  de xestión de medios comunitarios e, da man do noso compañeiro Roberto Catoira, responsable de formación da ReMC, desenvolveuse un taller sobre modelos de formación en medios comunitarios.

Na sesión do domingo, Alejandro Barranquero, investigador do proxecto de investigación “Xóvenes e Terceiro Sector da Comunicación”, presentou os resultados premilinares dun estudo no que participan, en calidade de investigadora Isabel Lema e como asesor externo, Roberto Catoira, ambos membros do consello de coordinación de CUAC FM. Dito proxecto aproveitou a celebración a asamblea da ReMC para organizar o terceiro focus group do proxecto.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.