XVI CONCURSO DE MAQUETAS CUAC FM 

CUAC FM convocou en maio de 2014 a XVI Edición do Concurso de Maquetas de CUAC FM que anualmente, e dende hai 16 anos, vén convocando co obxectivo de apoiar aos músicos noveis e que conta, ademais, cun premio especial para a “Mellor Banda Local”.

En 2014 repartíronse premios por unha cuantía de 1.500 euros que se entregaron durante a final do concurso de maquetas, no mes de setembro, nun concerto ofrecido polas dúas bandas finalistas na sala Mardigrass.

Queres coñecer ás bandas gañadoras? Continúa lendo….

Final concurso de maquetas 2014 Mardigras

Final concurso de maquetas 2014 Mardigras

SKIRL gaña o XVI Concurso de Maquetas de CUAC FM e Le Stomp obtén o segundo posto

11 de setembro de 2014. A Sala Mardi Gras da Coruña acolleu o pasado sábado 11 a final do XVI Concurso de maquetas da radio comunitaria da Coruña destinado a artistas de todo o estado español. Este ano recibíronse case cen traballos e o xurado seleccionou para a final a SKIRL de Pontevedra e LE STOMP de Barcelona.

Durante a noite entregouse tamén o Premio á mellor Banda Local que gañaron os sadenses THE TRUNKS nesta edición, dotado con 300 euros.

Tras ás potentes actuacións das duas bandas finalistas, impuxose a banda galega SKIRL cun directo moi potente, influenciado polos sons dos 90 e máis rodados en directo que os cataláns que tamén demostraron que teñen un gran potencial con cancións de estructura orixinal.

Con este concurso continua o apoio que se fai dende a Radio comuntaria coruñesa polos novos creadores dende a sua fundación en 1996. Esta edición contou coa colaboración dos locais da cidade: A franxa, Aquí mismo, Área crítica, Cazuza, Ciber Club Don Bosco, Faluya, Filomatic, Fuzz y Uptown.

Grazas a tódolas bandas por participar. As vosas cancións serán difundidas na nosa emisora.