A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental.
En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional. Para iso contamos con tres expertos e expertas da Universidade da Coruña:
- M.ª de las Mercedes Seoane Bouzas, é terapeuta ocupacional do SERGAS, especializada en trastornos da saúde mental. Profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC e doutora por esta mesma universidade coa tese “Terapia acuática e desempeño ocupacional en saúde mental”.
- Valentín Escudero Carranza, profesor Titular do departamento de psicoloxía. Coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC. Entre as súas liñas de investigación figura o tratamento de adolescentes en conflito e súas familias.
- Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC. Membro do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (Talionis-Citic).
Con eles conversamos acerca de “AFRONTEMOS”, o programa de atención especializada que puxo en marcha a UDC hai tres anos e que proporciona ferramentas psicolóxicas e terapéuticas para afrontar un problema de saúde mental e que coordina o profesor Valentín Escudero.
Pola súa parte, Mercedes Seoane e Nuria García compartiron tamén diversas experiencias sobre liñas de acción innovadoras e pioneiras que se están desenvolver desde o eido da terapia ocupacional nas áreas de Coruña e Ferrol.
En terceiro lugar, ao longo da conversa os nosos expertos analizan as principais problemáticas vencelladas á saúde mental do estudantado e da mocidade en xeral, afondando no papel clave que xogan os medios de comunicación e as redes sociais na autoestima e no benestar emocional das persoas.
ESCOITA O PODCAST
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade desde unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio en que participan membros do profesorado ou persoal investigador da UDC, expertos nunha temática concreta sobre o que versa cada programa.
ESCOITA ONDA CIENCIA
ONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas a través do 103.4 da FM, no directo (streaming) de CUAC cuacfm.org/directo, a través das nosas aplicacións móbiles para Android e Apple, e tamén na páxina web de Cuac fm https://cuacfm.org/programacion/
EQUIPO
O equipo técnico do programa é o seguinte:
- M.ª Cristina Naya Riveiro e Yolanda Golías Pérez, na preprodución.
- Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.
- Chema Casanova, no control técnico.
- Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.
One thought on “Novo episodio de ONDA CIENCIA: “Saúde Mental””