Comeza agora o traballo dos xurados para seleccionar ao gañadores das diversas categorías. A decisión farase pública o día 1 de xullo.

Fai uns días remataba o prazo de recepción de proxectos no XXVI Concurso que organiza CUAC FM. Unha vez feitas as comprobacións de que todo estaba correcto no matería de cada concursante, comeza agora o momento no que os xurados escoitan as duas cancións de cada banda ou solista. Serán 150 os participantes, unha das máis elevadas da historia do concurso.

O día 1 de xullo daranse a coñecer os gañadores que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia, a Mellor Banda Local e os que actuarán na Batalla de Bandas no mes de outubro na Sala Mardi Gras.

Grazas a todos os proxectos participantes. E sorte!

Ambigüo no esceario de Mardi Gras na batalla de bandas na que participaron hai anos.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.