Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é ondaciencia_capa_01_Abn0xCu-1024x711.png
  • Hoxe, 1º de agosto de 2023 ás 13 horas emítese o último episodio da 1º tempada de ONDA CIENCIA, o programa de divulgación científica de CUAC FM e a UDC 
  • Neste coloquio adicado á IA participan os profesores: Verónica Bolón, Noelia Barreira, Xulio Xosé Ferreiro e Margarita Alonso Ramos
  • Todos os podcasts están dispoñibles no link: https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
  • Un programa conducido por Isabel Lema Blanco e producido por Cristina Naya, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural  da UDC.  

Neste 5º episodio de ONDA CIENCIA, adicado á Intelixencia artificial abordaremos como o desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Queremos coñecer cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén queremos poñer unha ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde sería preciso unha mellor regulación.   

Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertos da Universidade da Coruña chegados de distintas disciplinas científicas, como a informática, o dereito ou as humanidades:     

  • Verónica Bolón Canedo. Profesora da Facultade de Informática a súa investigación céntrase nos métodos de machine-learning dentro do campo da IA, con aplicación a temas médicos e a problemáticas ambientais. 
  • Noelia Barreira Rodríguez. Profesora da FIC, as súas liñas de investigación son visión computacional e imaxe médica. 
  • Xulio Ferreiro Baamonde. Profesor de dereito procesual, na Facultade de Dereito. Investiga sobre o uso da intelixencia artificial no proceso xudicial.  
  • Margarita Alonso Ramos. Profesora da Facultade de Filoloxía. Entre as súas liñas de investigación figuran a lexicografía e a lingüística computacional.
 Verónica Bolón, Noelia Barreira, Margarita Alonso, Isabel Lema e Xulio Ferreiro nos estudos de CUAC FM

Os temas en torno aos que xira o programa son os seguintes: 

  • O concepto de Intelixencia artificial e a súa aplicación práctica en eidos como a saúde, a lingüística ou a xustiza penal. 
  • A formación especializada e a investigación aplicada que se está a desenvolver na UDC no eido da IA e as súas potencialidades para o mercado profesional dos futuros egresados   
  • Os aspectos controvertidos da IA: dilemas éticos. 
  • Riscos e retos da intelixencia artificial: a vulnerabilidade da cidadanía frente a desinformación ou o uso non transparente e comercial dos nosos datos. 
  • A regulación da IA e o futuro papel da Axencia Estatal de Intelixencia Articial (AESIA). 
  • O impacto ambiental da intelixencia artificial. Cara unha IA máis sostible? 

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

  • Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.
  • Isabel Lema Blanco á conducción do programa.
  • Chema Casanova aos controis técnicos. 
  • Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.  

Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.