Cuac Fm colabora co proxecto Radio Pardiñas, unha radio que emite as 24h do día durante a semana do Festival de Pardiñas, en Lugo. Radio Pardiñas é un proxecto de Radio Roncudo de Corme, Radio Kalimera de Santiago, Radio Filispin de Ferrol, Radio Liberdade de Ourense, Cuac FM da Coruña e Radio Neria de Corcubión.

Desde o 30 de xullo de 2023, a radio emitirá 24 horas de directo desde Guitiriz con conversas, entrevistas e a emisión dos concertos. Todo posible grazas á colaboración da AC Xermolos. 

O Festival de Pardiñas, nas ondas da Coruña

Cuac Fm emitirá na 103.4 da FM coruñesa, na nosa web e nas nosas apps unha programación especial durante a fin de semana (5 e 6 de agosto) coa emisión dos pregóns, dos concertos do festival, o aberto de billarda… Unhas emisións en rigoso directo desde Pardiñas coas que a audiencia coruñesa poderá gozar do mítico festival lugués.

Parte da equipa de Radio Pardiñas nos estudios que se instalaron para a ocasión.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.