Cando faltan so catro días para a Estrea Mundial do documental “Nada que ver” no Teatro Colón, a sede da Deputación Provincial de A Coruña acolleu a rolda de prensa de presentación oficial do mesmo. No acto interviron Chus Abeledo, en representación da directiva de CUAC, Jacinto Torres, presidente da Cociña Económica, Iago Prada, director do documental e Xurxo Couto, Deputado provincial de Cultura.
Durante o acto lembrouse a importantísima labor social da Cociña Económica con máis de 1500 persoas de varios municipaios que comen a diario grazas a un esforzo enorme da súa institución, persoas voluntarias e tamén todas as aportacións que van recibindo, entre elas o importe das entradas vendidas para ver o documental, dispoñibles nesta ligazón “Nada que ver” estrea trailer oficial
Chus Abeledo, do programa Radio Senior da Universidade Senior en representación de CUAC, agradeceu tanto á Deputación Provincial polo financiamento da rodaxe e ao Concello da Coruña pola cesión e as facilitades para realizar a presentación no Teatro Colón.
Iago Prada, director do documental, comentou o reto ao que se enfrentou ao ter que condensar en menos dunha hora os máis de 25 anos de vida de CUAC, así como a importancia que teñen outros medios comunitarios a nivel de todo o Estado.
Pechou o acto Xurxo Couto cunha intervención na que salientou o labor de democratizar as ondas que fai CUAC FM dende o 103.4 do dial dende 1996 e o compromiso da Deputación coas actividades que se realizan por parte de moitas asociacións.