O 15 de xuño de 1995 fundouse na Coruña a Asociación CUAC


Fai hoxe un cuarto de século as persoas que asinaron a acta fundacional e os estatutos de CUAC non eran conscientes da importancia da andaina que estaban a iniciar. Nacía un proxecto cuxo principal obxectivo era crear unha a primeira radio universitaria e libre na UDC.
A colaboración da UDC foi fundamental dende o primeiro momento. A cesión de espazos na que era Facultade de Ciencias Económicas (elexida por ser a que ocupaba a parte máis alta do Campus da Zapateira), que na actualidade é a de Filoloxía, foi o punto de partida do que tras nove meses de traballo fructificou en CUAC FM, emitindo para A Coruña e a bisbarra dende o 103.4
A día de hoxe, máis de 470 programas diferentes teñen pasado polos estudos da emisora con miles de persoas facendo radio dun xeito altruista máis sempre buscando contidos de interese, ainda que fosen para unha audiencia moi minoritaria.

A asociación decidiu non celebrar ningún tipo de acto conmemorativo para evitar riscos de contaxios. Queda a celebración para unha mellor oportunidade.

Inicio dos Estatutos da Asociación CUAC

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.