O European Journalism Centre habilitou una axuda para medios de comunicación social e xornalistas freelance, que será distribuída entre 38 organizacións e xornalistas de toda Europa. 1,857 solicitudes foron presentadas a este fondo. En España, Cuac FM foi a única emisora de radio seleccionada.

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña é unha das oito organizacións europeas seccionadas polo fondo do Centro Europeo de Xornalismo no programa de axudas habilitado para afrontar a situación provocada polo coronavirus e dirixido a 20 países europeos. Un xurado especializado seleccionou un total a 36 organizacións e xornalistas. O programa financia con 5.000 euros as iniciativas dirixidas a involucrar ás súas comunidades de referencia durante a pandemia da Covid-19.

Cuac FM resultou gañadora destes fondos en recoñecemento polo traballo realizado durante a crise da COVID19 en España. Ante a imposibilidade de emitir a súa programación ordinaria dende os estudos centrais de CUAC FM, esta emisora desenvolveu un proxecto de innovación tecnolóxica que permitiu a todos os seus asociados facer radio en directo dende as súas casas e manter as emisións na Frecuencia Modulada.

Durante todo o confinamento, CUAC FM produciu un programa de radio comunitario diario, de dúas horas de duración, nomeado Radio Pat(i)o, radio viral contra o confinamento”. Radio Pat(i)o emitiuse en directo, de luns a venres, no 103.4 da FM e a través de internet e podcast. Producido por unha vintena de socios e socias, RadioPat(i)o converteuse nun programa referente na radio coruñesa que tentaba informar, entreter e educar á audiencia con moito humor e visión positiva.

Os seus contidos abranguen dende novas sobre a covid19, tertulias de actualidade, formación online, e información de servizo coa fin de desmontar bulos e loitar contra as fakenews en época de coronavirus. Radio Pat(i)o contou tamén con seccións de entretemento nas que falabamos de todas as expresións artísticas como a música, o cinema, as series de televisión, xunto con seccións de viaxes, humor, deportes ou literatura.

CUAC FM agradece este recoñecemento do Centro Europeo de Xornalismo á sua labor informativa e destinará esta achega económica á mellora do equipamento tecnolóxico da emisora, coa fin de facela máis resiliente ante situacións de crise como a vivida.

A prohibición de circulación durante o confinamento, xunto co risco de contaxio polo Coronavirus, son condicións que facían moi difícil continuar coa actividade radiofónica para o máis de un centenar de socios e socias que fan radio nos nosos estudos. Con este investimento, CUAC garantirá que ante unha nova emerxencia sanitaria os seus asociados podan seguir facendo radio sen pór en risco a súa saúde.

CUAC FM é unha radio comunitaria e sen ánimo de lucro fundada en 1996 en A Coruña. A nosa misión é “dar voz a quen non a ten” e facilitar o acceso directo da cidadanía aos medios de comunicación proporcionando formación mediática a toda persoa que queira facer un programa de radio en CUAC FM. CUAC está composta por 120 socios e socias que voluntariamente dedican o seu tempo a facer radio e contribuir á xestión desta emisora de radio libre e comunitaria.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.