Coa chegada do mes de setembro a emisora comunitaria da Coruña CUAC FM comeza a retomar a sua actividade. Múltiples programas regresan durante este mes as suas emisións coas temáticas máis diversas, algo que caracteriza á emisora. Nesta ligazón podes consultar os programas que emiten cada día en directo. A radio coruñesa pódese escoitar en streaming ou a través dos podcast, todo dispoñible na web cuacfm.org e nas Apps gratuita para Android e Ios.

A emisión en FM (103.4) segue sen estar dispoñible pola prohibición expresa da Xunta de Galicia con nova ameaza de sanción, pese a considerar esa administración que os 21 anos de emisión en FM non eran merecedores de sanción. Dispoñer da licenza que se nos solicita é imposible actualmente (como desmostramos con ampla documentación ante a propia Xunta), pese a que a lexislación vixente tanto española como galega recolle a existencia dos Medios Comunitarios como un dereito da cidadanía (tanto de emitir neles como de recibir o seu sinal). CUAC FM segue a loita a través da xustiza para regresar á Frecuencia Modulada, apoiada por institucións tan relevantes como o Pleno da Deputación da Coruña e o propio Pleno do Concello da Coruña ou a Universidade da Coruña, onde se atopan as nosas instalacións.

Seguiremos informando porque #CuacResiste e #Cuacnonserinde. Se calquera persoa, colectivo ou asociación desexa emitir en CUAC FM, na nova tempada que comeza oficialmente o 1 de outubro, pode enviar un correo a comunicacion@cuacfm.org.

Grazas de novo a Santy Gutiérrez por esta viñeda que expresa nunha imaxe unha das múltiples inxustizas coas que convivimos a diario.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.