O Xurado do XX Concurso de bandas e solistas de CUAC FM ven de emitir o seu veredicto.
Nesta ligazón tes acceso a información detallada sobre o proceso, a conformación do xurado e outros detalles de interese.
As catro bandas galegas que actuarán no esceario principal do Festival Noroeste Estrella Galicia na sua 32ª edición son:
Tunduru, que obtén ademáis o Premio á Mellor banda local xa que foi a formación coruñesa con máis votos. Elman (A Coruña), The Soul Breakers (Pontevedra) e LOLA (Santiago de Compostela). Todas elas estarán os días 10 e 11 de agosto actuando antes das duas bandas principais do festival qu se darán a coñecer os vindeiros días (ademáis de Belle and Sebastian que xa se anunciou).
Unha vez pasado o festival informaremos das duas bandas que se clasifican para a Batalla de Bandas que se celebrará na Sala Mardi Gras o día 6 de outubro. Nesta fase xa se incluén nas votacións a bandas do resto do estado español que participaron nesta edición. Durante o concerto darase a coñecer o Premio á Mellor Canción en Galego que é unha novidade desta XX edición.
Este concurso conta coa colaboración e o financiamento do Concello da Coruña en exclusiva.
Podes saber máis detalles sobre horarios e días de actuación das bandas gañadoras no noso concurso, así como do resto de bandas xa confirmadas, na suas redes sociais e na web oficial do Festival Noroeste Estrella Galicia: https://festivalnoroeste.com/
CUAC FM ofrecerá un especial Festival Noroeste nos días previos á celebración do festival, con especial atención as catro bandas gañadoras do concurso a nivel galego.