O Xurado do XX Concurso de bandas e solistas de CUAC FM ven de emitir o seu veredicto.

Nesta ligazón tes acceso a información detallada sobre o proceso, a conformación do xurado e outros detalles de interese.

As catro bandas galegas que actuarán no esceario principal do Festival Noroeste Estrella Galicia na sua 32ª edición son:

Tunduru, que obtén ademáis o Premio á Mellor banda local xa que foi a formación coruñesa con máis votos. Elman (A Coruña), The Soul Breakers (Pontevedra) e LOLA (Santiago de Compostela). Todas elas estarán os días 10 e 11 de agosto actuando antes das duas bandas principais do festival qu se darán a coñecer os vindeiros días (ademáis de Belle and Sebastian que xa se anunciou).

Unha vez pasado o festival informaremos das duas bandas que se clasifican para a Batalla de Bandas que se celebrará na Sala Mardi Gras o día 6 de outubro. Nesta fase xa se incluén nas votacións a bandas do resto do estado español que participaron nesta edición. Durante o concerto darase a coñecer o Premio á Mellor Canción en Galego que é unha novidade desta XX edición.

Este concurso conta coa colaboración e o financiamento do Concello da Coruña en exclusiva.

Podes saber máis detalles sobre horarios e días de actuación das bandas gañadoras no noso concurso, así como do resto de bandas xa confirmadas, na suas redes sociais e na web oficial do Festival Noroeste Estrella Galicia: https://festivalnoroeste.com/

CUAC FM ofrecerá un especial Festival Noroeste nos días previos á celebración do festival, con especial atención as catro bandas gañadoras do concurso a nivel galego.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.