A Escola de Verán de CUAC FM é un espazo de encontro, de xuntanza entre entidades e persoas de diferentes perfís, inquietudes e misións que recoñecen nos medios de comunicación un rol esencial: educador, divulgador, concienciador.
Na 1ª edición da Escola de Verán, celebrada en xullo de 2016, Radios libres e comunitarias sentáronse con proxectos sociais, representantes dos movementos sociais, do terceiro sector no seu conxunto, para debater e intercambiar experiencias sobre a nosa misión -ser a voz dos silenciados-, e para ser capaces de construír un espazo radiofónico galego máis diverso, plural e inclusivo.