Benvid@s á nosa escola
Moito máis que radio


Foto de José Luís Cernadas Iglesias
Licencia CreativeCommons

Comezamos

A escola

Escoita a escola en directo por streaming:

Ou podes ver o vídeo en Directo por Youtube

Un espazo de encontro, de xuntanza entre entidades e persoas de diferentes perfís, inquietudes e misións que, sen embargo, recoñecen nos medios de comunicación un rol esencial: educador, divulgador, concienciador. Radios libres e comunitarias sentaranse con proxectos sociais, representantes dos movementos sociais, do terceiro sector no seu conxunto, para que nos lembren a nosa misión: ser a voz dos silenciados; e para ser capaces de construír un espazo radiofónico galego máis diverso, plural e inclusivo.

Inscrición

A participación na Escola de Verán de CUAC FM ten un custe de 10€.¿Queres quedar a xantar con nós? O sábado 16 de xullo, xantaremos todos xuntos nun espazo próximo á aula náutica por un custe engadido de 10€. Podes facelo rexistro aquí

Datas

A Escola celébrase os días 15, 16 e 17 de Xullo de 2016 como un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre o exercicio do dereito á comunicación mediatizada

Lugar

Todas as actividades da Escola de verán vanse organizar na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo. Paseo Marítimo da Coruña).

Programa

Un breve resumo do que vai acontecer

  • Venres 15

    Comunicación, Lingua e Cultura

    17:00. Panel. O rol dos medios de comunicación en galego. Carlos Callón, Hakan Casares
    18:15. Panel de experiencias. Radios comunitarias e linguas minoritarias. Agus Hernán, Isabel Lema, Bea Ulalume e Roberto Catoira.
    19:45. Radio Talk Show. CUAC FM: 20 anos dando que falar.
    21:00.Degustación gastronómica e enolóxica galega.

  • Sábado 16

    Comunicación e Cidadanía

    10:00. Panel: A radio como elemento de cohesión social. Alejandro Blanco, Jokin Garmilla.
    11:00. Panel: A cidadanía nos medios: democratización e empoderamento. Juan de Sola, Isabel Lema, Roberto Catoira.
    12:00. Pausa-Café.
    12:30. Panel: Medios comunitarios: espazos de inclusión social. Javier García, Paula Tome, Clara de Vega.
    13:45. Conclusións.

  • Sábado 16

    Obradoiro de xornalismo e radioficción

    17:00. Como obter o grado en xornalismo a través do cinema e a TV. Diego de la Vega e Mr. Iverson.
    18:00. Primeiros pasiños nunha radio comunitaria. Bea Ulalume e Roberto Ansede.
    19:00. Radioficción: bota a voar a túa imaxinación. Mónica Alonso e Fer Liñares.

  • Sábado 16

    Construíndo redes para unha comunicación alternativa

    18:00. Panel. Radios libres e software libre, a unión perfecta. Iago Veloso, Chema Casanova, GPUL, Melisa
    19:00. Hackaton: Partellando recursos e mellorando os sistemas tecnolóxicos das radios libres e comunitarias.

  • Domingo 17

    Construíndo redes para unha comunicación alternativa

    11:00. Panel. As radios libres e comunitarias galegas. A Kalimera, CUAC FM, Radio Fedello.
    12.00. Coloquio. As redes de medios libres e comunitarios. Para que serven e como se organizan? Agus Hernán, Javier García, Alejandro Blanco, Mariano Fernández.
    13.00. Obradoiro. Como defender o dereito a comunicar?

Colaboran

A colaboración das seguintes entidades é imprescindible para a organización desta escola de Verán

Universidade da Coruña

Obra Social "La Caixa"

ReMC

Estatal

Regarlic

Galicia

Organiza

Agradecementos ás compañeiras e compañeiros que o fan posible

CUAC FM

A radio comunitaria da Coruña

Cuac FM é a radio comunitaria que emite dende 1996 no 103.4 FM da Coruña. Está xestionada por la asociación cultural Colectivo de Universitarios Activos, que da nome á emisora e emite dende o Campus da Zapateira, da Universidade da Coruña, onde está o estudio José Couso.

Contacto

Algunha dúbida?