O programa de Radio Filispim e páxina web Ábrete de orellas foi elexido finalista ao Mellor Espazo de Comunicación Musical nos III Premios Galegos da Música Martín Codax. O proxecto de comunicación dirixido por Pepe Cunha saberá se obtén o galardón o vindeiro sábado 28 de abril na gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ábrete de Orellas emítese tamén en CUAC FM (podes escoitalo o mércores de 9 a 10 da mañá ) é toda unha referencia no panorama musical e ofrece unha amplísima información sobre concertos, lanzamentos de discos e comentarios de concertos de estilos moi diversos.
Na mesma gala, Silvia Penide (locutora de CUAC FM no programa Falcatruada emitido hai anos), tamén obtivo por segundo ano consecutivo a nominación á Mellor Artista na categoría de música pop.