O pasado sábado 16 de abril o programa Xeración Bravú realizaba un programa especial para despedir a sua tempada  radiofónica en CUAC FM. O alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, sumouse á celebración sendo entrevistado en directo no programa.

Tamén podes escoitar a conversa telefónica con Miguel Anxo Prado o artista que debuxou ao Xabarín que marcou unha xeración de galegas e galegos dende 1994.

Se queres escoitar o que contaron, podes facelo neste enlace. Lembramos que todos os programas de CUAC FM están dispoñibles na nosa páxina web dende minutos despois da sua emisión en directo. Só tes que entrar no apartado Programas de cuacfm.org e buscar en Arquivo sonoro.

Xeración Bravú con Xulio Ferreiro

xulio ferreiro en Xeración bravú

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.