O venres 15 de abril ás 20 horas terá lugar a segunda charla do “Observatorio da Comunicación” que organiza CUAC FM con motivo do seu XX aniversario. A entrada é totalmente libre ata completar aforo.
Será na Sede da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 20, A Coruña) que comparte CUAC FM coa citada Asociación.
O convidado nesta ocasión será Xosé Mexuto, director de “Sermos Galiza“, e a súa charla titúlase “Os medios de comunicación en Galicia, unha visión alternativa“.
Quen e Xosé Mexuto?
Exerce o xornalismo desde 1987. Traballou nas redaccións de El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Foi correspondente de Efe na Coruña, xefe de prensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2004 e despois xefe de prensa nacional do BNG no período 2004-2012.
Foi colaborador de Xornal.Com e de Xornal de Galicia. Son director de Sermos Galiza desde xaneiro de 2013.
Formou parte do Consello de Administración da CRTVG, en representación do Parlamento da Galiza a proposta do BNG.
É tamén co-autor do libro “Historia do Deportivo” (Xerais), co-escrito con Jesús Flores, e autor de “A Nación Negada-Conversas con Francisco Rodríguez” (A Nosa Terra).