Cuota de mecenas

Aportando:

– 10€: Aparece na web de CUAC no apartado Mecenas. Verase unha imaxe (logo, foto), breve descripción e link á sua web ou rede social// Se lle entregaría Logotipo de Mecenas de CUAC para o seu local // + En caso de facer cartelería, pegatinas ou outro merchandising do programa aparece o logotipo do mecenas e os seus datos de contacto e localización.

– 20€: Todo o anterior. + Cuña ao comezar o podcast. Moi importante: A cuña non durará máis de 50 segundos. Nela non se pode usar a palabra patrocinador ou sponsor. Suxerimos utilizar colaborador/mecenas/mecenazgo e os seus derivados. Esta cuña deberá citar nalgún momento que o programa é de CUAC FM.

– 25€: Todo o anterior + cuña ao final do podcast + avisos en redes sociales de quen colabora para facer posible a emisión do programa.

Os programas de duas horas poden ter dous mecenas. Por tanto, poderían citar no previo ao podcast a dous mecenas, o mesmo que ao final dos mesmos (e citalos en redes sociais a ambos), co que xenerarían os 50€ da sua cuota mensual. A duración do audio insertado no podcast pode extenderse ata 1 minuto e 30 segundos.

Cada programa, por mecenazgo, non pode xenerar un importe superior do que lle aporta á emisora.

Se tes ofrecimentos de máis empresas para colaborar co teu programa sería estupendo que lle mandes o contacto á Coordinadora de Promoción por se poden colaborar con outro programa de CUAC que o precise ou aportanto á sua colaboración á emisora con banners para a páxina web…

Os programas poden realizar campañas de crowdfunding ou outros sistemas que se lles ocurran para cubrir o importe das suas cuotas en CUAC.

Para outras casuísticas debes dirixirte á Coordinadora de Promoción que decidirá que facer nese caso específico que suxires. Si se considera que é unha decisión a tomar na asamblea, paralizarase a tua proposta ata que se celebre unha.

Lembramos unha vez máis que ninguén pode obter rendimento económico polas suas emisións en CUAC FM.