CUAC FM está a preparar unha cobertura especial das eleccións municipais 2015 na que convidou a todos os candidatos e candidatas das nove candidaturas que se presentan á alcaldía da Coruña a participar no programa comunitario de CUAC FM.

O noso obxectivo é ofrecer á cidadanía da Coruña  unha cobertura electoral que favoreza a pluralidade política e social, o tratamento en profundidade das temáticas locais e as solucións electorais que lle dan os partidos, e outorgue á cidadanía a información precisa para exercer o seu dereito ao voto dunha maneira libre e informada. 

 

ENTREVISTAS AOS CANDIDATOS/AS *

Dende hoxe xoves 14 de maio e ata o venres 22 de maio emitiremos nos informativos de CUAC FM, ás 7:25 e ás 14:00 horas (103.4 FM) unha entrevista en exclusiva (por esta orde de emisión) con Mar Barcón (PSdG-PSOE), Carlos Oliva (UPyD), Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), Roberto Martínez Anido (Alternativa dos Veciños), Carlos Marcos (Unión Coruñesa), Adrián García Alonso (PACMA), Patricia Pertierra (Ciudadanos), Xosé Manuel Carril (BNG-Asambleas Abertas) e Miguel Lorenzo (Partido Popular).

 

Previsión das emisións:

Entrevistada: Mar Barcón (PSdG-PSOE): xoves 14/05/2015 ás 14:00 horas e venres 15/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Carlos Oliva (UPyD): venres 15/05/2015 ás 14:00 horas e sábado 16/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Xulio Ferreiro (Marea Atlántica): sábado 16/05/2015 ás 14:00 horas e domingo 17/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Roberto Martínez Anido (Alternativa dos Veciños): domingo 17/05/2015 ás 14:00 horas e luns 18/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Carlos Marcos (Unión Coruñesa): luns 18/05/2015 ás 14:00 horas e martes 19/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Adrián García Alonso (PACMA): martes 19/05/2015 ás 14:00 horas e mércores 20/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistada: Patricia Pertierra (Ciudadanos): mércores 20/05/2015 ás 14:00 horas e xoves 21/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Xosé Manuel Carril (BNG-Asambleas Abertas): xoves 21/05/2015 ás 14:00 horas e venres 22/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Entrevistado: Miguel Lorenzo (Partido Popular): venres 22/05/2015 ás 14:00 horas e sábado 23/05/2015 ás 7:25 horas da mañá.

Nesta mesma páxina web, e a partires do luns 18 de maio, poderás escoitar e descargar os podcast con todas as entrevistas, así como nas nosas redes sociais.

Máis información sobre a cobertura electoral de CUAC FM na nosa web

* As entrevistas foron realizadas polo equipo especial de CUAC FM para a cobertura electoral, concretamente polos locutores/as: Tomi Legido, Isabel Lema, Lucía Pita, Javier Sal, Lucas Díaz, Mónica Alonso e Javier Pereira. O traballo de realización técnica e edición correu de conta de: Antonio Prado, Roberto Catoira e Roberto Ansede.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.