COBERTURA ESPECIAL: ELECCIÓNS LOCAIS 2015 A CORUÑA


PROGRAMA ESPECIAL NA NOITE ELECTORAL

O 24 de Maio foi un gran día para a radio na Coruña e nós o celebramos cun “PROGRAMA ESPECIAL: O DIA D” que, a partires das dúas da tarde” fixo seguimento da actualidade electoral da nosa cidade e, unha vez pechadas as urnas, cubriu minuto a minuto, en directo, os resultados duns comicios que decidiron o destino de 250.000 coruñeses.

O noso obxectivo foi ofrecer á cidadanía da Coruña  unha cobertura electoral que favoreza a pluralidade política e social, o tratamento en profundidade das temáticas locais e as solucións electorais que lle dan os partidos, e outorgue á cidadanía a información precisa para exercer o seu dereito ao voto dunha maneira libre e informada.

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 19:30 – 20:00

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 20:00 – 21:00

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 21:00 – 22:00

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 22:00 – 23:00

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 23:00 – 24:00

Programa Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña #CUAC24M 00:00 – 01:04

Boletín informativo das 16:00 – Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña.

Boletín informativo das 14:00 – Especial Eleccións Municipais 2015 na Coruña.

ESCOITA AS ENTREVISTAS AOS CANDIDATOS/AS

CUAC FM convidou a todos os candidatos e candidatas das 9 candidaturas que se presentan á alcaldía da Coruña a participar no programa comunitario de CUAC FM. As entrevistas emitíronse nos espazos informativos de CUAC FM.


* As entrevistas foron realizadas polo equipo especial de CUAC FM para a cobertura electoral, concretamente polos locutores/as: Tomi Legido, Isabel Lema, Lucía Pita, Javier Sal, Lucas Díaz, Mónica Alonso e Javier Pereira. O traballo de realización técnica e edición correu de conta de: Antonio Prado, Roberto Catoira e Roberto Ansede.