CUAC FM convoca a XXVII edición do seu Concurso de Bandas e Solistas con 5000 euros en premios

CUAC FM convoca a XXVII edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. Nesta convocatoria repártense  5000 euros en premios, mantendo o premio á Mellor Canción en Galego e consolidando o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa.  

Novo episodio de ONDA CIENCIA: Xenofobia e racismo desde unha perspectiva interseccional

Analizamos os fenómenos da xenofobia e o racismo con Laura Oso, José Ángel Brandariz e Montserrat Castro, docentes da Universidade da Coruña, cunha longa traxectoria investigadora nos campos da socioloxía, o dereito e as ciencias da educación.

Comeza a 3ª tempada de ONDA CIENCIA analizando o impacto do cambio climático na Coruña

A terceira tempada de ONDA CIENCIA deu comezo cun primeiro programa dedicado á análise dos riscos derivados do cambio climático desde unha perspectiva interdisciplinaria.