CUAC FM está a preparar unha cobertura especial das eleccións municipais 2015 na que convidou a todos os candidatos e candidatas das 9 candidaturas que se presentan á alcaldía da Coruña a participar no programa comunitario de CUAC FM.

O noso obxectivo é ofrecer á cidadanía da Coruña  unha cobertura electoral que favoreza a pluralidade política e social, o tratamento en profundidade das temáticas locais e as solucións electorais que lle dan os partidos, e outorgue á cidadanía a información precisa para exercer o seu dereito ao voto dunha maneira libre e informada. 

Toda a información da programación especial na seguinte ligazón: https://cuacfm.org/eleccions-locais-2015/