Iago Prada, director do documental “NADA QUE VER” e Isabel Lema Blanco, membro do Consello de Dirección de CUAC FM, participarán o vindeiro LUNS 4 DE NOVEMBRO, a partir las 17:00 horas nunha actividade organizada pola facultade de CIENCIAS DA COMUNICACIÓN da Universidade da Coruña.
Horario: 17:00 horas.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Socioloxía e Comunicación. Campus de Elviña (UDC).
A actividade consistirá na proxección do documental NADA QUE VER, seguido dun coloquio cos participantes no que se debatirá sobre as seguintes temáticas:
- Historia da radio: ¿dónde están os medios comunitarios?
- Democratización mediática; ¿en qué mans están os medios e onde están os dereitos da cidadanía a ser propietarios dos medios de comunicación?
- Producción e dirección cinematográfica: as tripas de facer un documental sobre unha radio comunitaria. Retos, éxitos, complicacións da rodaxe e outros gaxes do oficio de director de cinema.
A actividade está organizada polas profesoras Mónica López e Patricia Comesaña, docentes da materia de historia dos medios audiovisuais.
A actividade desenvólvese no marco dun proxecto de colaboración promovido pola Facultade de Comunicación e CUAC FM para a formación práctica do alumnado de dita materia en producción radiofónica e podcasting.