A Sala Mardi Gras acolle este sábado ás 22:30 a Batalla de Bandas do XXVI Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM
* Actúan as bandas Néctar de Madrid, ainda que con compoñentes coruñeses e Twin Forest de Valencia*
* No cambio de banda entregarase o premio Eva Coyote a Mellor Banda local que recaeu en Bad Whiskey dotado con 900€
* A entrada é gratuita ainda que se pode facer un donativo que irá íntegro para a Cociña Económica
CUAC FM convocou este ano o seu XXVI Concurso de Bandas e solistas. A batalla de bandas celébrase o sábado 12 de outubre, un ano máis na Sala Mardi Gras. Actuarán Néctar, de Madrid e Twin Forest desde Valencia. No descanso entre bandas recibirán o premio á Mellor Banda Local Bad Whiskey. Os premios son de 1000 euros para a banda gañadora e de 900, tanto para a segunda como para a mellor banda local. Unha noite de rock, rap e outros estilos que misturan as duas bandas finalistas elexidas polo xurado entre as 150 bandas recibidas.
BATALLA DE BANDAS: NÉCTAR VS TWIN FOREST
Néctar é un grupo afincado en Madrid con fortes influencias de Rock e Rap, composto por Marcos Holgado á guitarra, Miguel Sánchez é batería e Enrique Chacón ás voces.
Unha banda autoproducida que non ten medo á hora de experimentar con todo tipo de estilos e artistas. Desde ritmos de soul e letras poperas en colaboracións como “Me siento bien”, pasando por propostas en sintonía co hip hop en “Solo yo”, ou apostas máis agresivas que bailan entre o punk, rock e o postcore en temas como “Gas”.
Vídeo Néctar:
Twin Forest é un power trio que se formou en 2017 en Valencia. Está formado por Carlos Sánchez (voz e guitarra), Adrián Ventura (baixo) e Javier López (batería).
Podemos situar o seu son entre o rock alternativo e o post-hardcore melódico.
“Concept” foi o seu single debut en 2019, e seguiron con “A Distant Home” un ano despois.
En 2023 editaron un EP con 5 cancións, “Balance In Defeat” misturado e masterizado polo prestixioso productor Chris Coulter en Londres. A saida do primeiro single “Silhouettes”, veu acompañada dun videoclip.
Video Twin Forest: