CUAC FM ofreceu o luns 5 de agosto un programa especial de duas horas de duración sobre o Festival Noroeste Estrella Galicia 2024. Un festival moi especial para toda a xente da Coruña que vive a música con intensidade.

Un equipo de compañeiros con ampla experiencia no mundillo musical elaborou o programa con entrevistas aos grupos gañadores da fase galega do XXVI Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM que participarán no Noroeste, ademáis de conversar con The Rapants e Fillas de Cassandra.

A todo iso sumáronse as recomendacións de bandas por días e escearios.

Podes escoitalo cando desexes na seguinte ligazón:

https://cuacfm.org/radioco/programmes/especial-festival-noroeste-estrella-galicia/6×1/

Para a realización deste programa contamos coa colaboración do Concello de A Coruña.

E agora, a vivir o Festival Noroeste como merece, que paga a pena.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.