O Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM xa ten gañadoras e finalista da Batalla de Bandas. O xurado, formado por 12 membros da emisora e a cantante e compositora Susana Saavedra da banda Agoraphobia, ademais dos comunicadores musicais Xavier Valiño e Pepe Cunha, seleccionaron os seguintes proxectos, entre os 113 recibidos, tras escoitar as cancións enviadas sen coñecer o nome das bandas ou solistas seleccionou os seguintes proxectos:


1a Fase – Proxectos galegos que participarán no Festival Noroeste Estrella Galicia en asosto:
*Bratzantifa (Santiago de Compostela) 

*Helena Egea (Santiago de Compostela)

Bratzantifa


2a Fase Batalla de Bandas. Celebrarase o sábado 22 de outubro no Sala Mardi Gras da Coruña:


*Norwen (Logroño/Madrid)

* Alba LaMerced (Málaga)

Como suplentes, no caso de que algún dos 4 indicados anteriormente non puidese actuar, foron seleccionados, por esta orde:


*Amoebo (Arteixo)

* Adrian Timms (Vigo)

Premio Eva Coyote á banda coruñesa máis votada
* Playa Desmayo
Este banda actuará nun evento organizado por CUAC FM nos vindeiros 7 meses.


As cancións recibidas das 113 bandas participantes serán tidas en conta nos programas de CUAC FM.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.