O pasado sábado 26 de marzo a sala Mardi Gras encheuse para disfrutar do concerto organizado por CUAC FM da banda coruñesa Wetsocks. O concerto era parte do premio, dotado con 800 euros, logrado pola banda ao ser elexida polo xurado do XXIII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM “Mellor banda local”.
Durante máis de 90 minutos amosaron a súa calidade frente a un público que xa coñece á banda e que cantou e disfrutou con eles. Rock intenso, con claras influencias de bandas de rock duro e Grunge, misturado con temas máis melódicos. Homenaxe acústica ao batería de Foo Fighters, Taylor Hawkins, que falecía ese mesmo. Nos bises, unha gran versión de Led Zeppelin e todo o mundo feliz.
CUAC FM prepara xa a convocatoria da XXIV Edición do Concurso de Bandas e solistas. O compromiso cos artistas emerxentes mantémolo dende 1996, cando se convocou a primeira edición do concurso. Moi pronto todos os detalles.