Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, organiza hoxe 17 de xaneiro e mañá 18 o II Encontro Estatal de Mulleres Radiantes, “Muller, Radio e Comunicación Comunitaria“, destinado á formación e empoderamiento de comunicadoras sociais pertencentes ás radios comunitarias e no que participarán 60 persoas achegadas dende todo o estado.
Ademáis dunha ampla participación das socias de CUAC FM (A Coruña), participarán neste II Encontro compañeiras de RADIO ABIERTA (Sevilla), RADIO KRAS (Gijón), RADIO FILISPIM (Ferrol), RADIO SIBERIA (Vitoria-Gasteiz) e as LIDERESAS DE VILLAVERDE- OMC RADIO (Madrid).
O evento celébrase no edificio A Normal, coa colaboración da área de cultura da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda, 47).
O encontro poderase seguir por Internet por streaming de audio a través de https://cuacfm.org/mulleres-radiantes/
O II Encontro Mulleres Radiantes comezará esta tarde a partires das 17:00 horas, cunha serie de actividades de benvida, para dar paso a un panel de discusión onde diferentes radiofonistas e xornalistas debaterán sobre comunicación:
Venres 17.01.2020:
17.00 – 19.00: Benvida. Actividades e xogos.
19.00 – 21.00: Mesa-debate: “como combatir o discurso da extrema dereita dende os medios”. Participan a xornalista e experta en Comunicación María Nieto Díaz, Antía Pérez Caramés do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais – ESOMI Coruña, e Susana Milnes de Les Coruña. Modera Yosi Hatillo.
ROSA CEDRÓN pechará o II Encontro de Mulleres Radiantes
As actividades do II Encontro continuarán o sábado 18 na Normal coa presentación de diferentes proxectos radiofónicos liderados por mulleres de todo o estado, así como a realización dos talleres: “lenguaxe inclusivo nos medios (conducido por Estela López Rodríguez), e “psicoloxía aplicada á mulleres radiantes” (conducido por Marta Gómez).
Á 20:00 horas concluirase o encontro cun concerto de luxo: ROSA CEDRÓN, a recoñecida artista coruñesa, que virá acompañada do pianista Miguel Arthus.
O II Encontro de Mulleres Radiantes conta coa colaboración das seguintes entidades: Deputación Provincial da Coruña Concello da Coruña Universidade da Coruña Normal Concellería de Educación e Cultura da Coruña