Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca o XXI Concurso para Bandas e Solistas de todo o estado español. Nesta ocasión, e grazas á colaboración do Concello da Coruña, chégase á cifra record de 4.500 euros en premio con 6 proxectos premiados.
Haberá duas fases do concurso. A primeira é exclusiva para bandas e solistas galegos. Seleccionaranse os tres máis votados que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia os días 9 e 10 de agosto no Esceario Principal da Praia de Riazor. Un dos proxectos seleccionados será coruñés e acadará o Premio á Mellor banda ou solista local. O prazo para presentar proxectos remata o 30 de xuño.
A segunda fase é para bandas de todo o Estado español (tamén participan as galegas non premiadas na primeira fase). Duas finalistas participarán na Batalla de Bandas o 28 de setembro na Sala Mardi Gras. O prazo de presentación de proxectos para esta fase é ata o 20 de xullo.
Por segunda edición consecutiva, entregarase un Premio á Mellor canción composta en galego.
As bases completas podes consultalas neste enlace
Se coñeces a xente que faga música, non deixes de compartir esta nova.
CUAC FM, apoiando á creación musical dende 1996.