O martes 31 de xullo, no local social de Alexandre Bóveda e CUAC FM (Rúa Olmos 16 1º), recibiremos a un dos compoñentes dunha das emisoras comunitarias de referencia a nivel mundial: La Tribu. Será ás 20 horas e a entrada é libre.

Rafa López  Binaghi e Coordinador da área de Capacitación de FM La Tribu, un colectivo de comunicación e cultura que funciona no barrio de  Almagro, na cidade de Bos Aires, desde 1989.
FM La Tribu é unha radio alternativa, comunitaria, social, que ten 60 programas ao aire e transmite as 24 horas con alcance por aire a toda a cidade de Bos Aires e por  internet a todo o mundo.  Algunhas das temáticas que se traballan no aire de La Tribu son: dereitos humanos, movementos sociais, culturas e comunidades, xéneros, traballo, traballadores/ as,  campesiñado, modelo de  agro-negocios, pobos orixinarios, estudantes, economía solidaria e consumo responsable, entre outras.
Ademais, difunden a produción de artistas independentes en distintas expresións, musicais, gráficas, cinematográficas ou teatrais.
Unha radio sen oíntes,  porque non emite información senón que propón unha conversación.
Visita a sua web, é moi recomendable: http://fmlatribu.com/

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.