Publicado o Podcast do ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017

Un ano máis, e xa imos pola 6ª edición, CUAC FM participará no Día da Ciencia na Rúa, que está a organizar a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

CUAC FM, a radio comunitaria de Coruña, emitirá un programa especial en directo dende o parque de Santa Margarida, este ano adicado á ciencia como ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e dos ecosistemas

TRES HORAS DE EMISIÓN EN DIRECTO

Ao longo de 3 horas de programa en directo entrevistaremos a científicos coruñeses da talla de Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico de A Coruña, institución que este ano cumpre o seu 50 aniversario!

Adina Dumitru e Ricardo García Mira, da Universidade da Coruña, xunto coa Concelleira de Medio Ambiente da Coruña,  María García, falarannos do Simposio EuropeoHorizon 2020 european dialogue and clustering action transforming cities, enhancing wellbeing: innovating with nature-based solutions”, que se celebrarán na Coruña el 16-18 maio, dentro do proxecto de I+D+I CONNECTING NATURE

Pola súa parte, Miño Guerreiro, representante de Enxeñeiros sen Fronteiras Galicia, que ven de celebrar o seu 25 aniversario dende a súa fundación na nosa comunidade.

Mais os grandes protagonistas do noso programa, o que o fai, emotivo e especial, serán os nenos e nenas que este sábado estarán a pe de jaima ensinando os seus traballos científicos aos visitantes.

Máis de 36 centros educativos estarán presentes nesta edicion e nos falaremos cunha ampla representación deles, como Juan Luis Naveira Bellón e Javi Cortegoso do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo; Paula García (profe), Manuel Pérez e Sergio Ruzo (alumnos de 4º de ESO) do CPR Plurilíngüe Valle- Inclán 1 de Ferrol, que pasarán polo estudo de CUAC FM no parque de Santa Margarida a partires das 11:00 da mañá.

UN EQUIPO DE LUXO DE CUAC FM

Nesta edición, CUAC FM conta cun equipazo de 15 personas volcadas na producción do programa. No apartado técnico estarán Mr Iverson, Chema Casanova e Mr Bugalú.

Á fronte da condución do programa, como cada año, contaremos con Samu Cao e Isa Lema. Roberto Catoira e Bea Ulalume serán os nosos expertos rexidores.

Das redes sociais estarán pendentes Roberto Ansede e Paula Alonso. 

E os reporteiros a pé de rúa serán Mónica Alonso, Nuno Cabezudo, Puerto Pérez, Concha Maneiro, Marta Gómez e Chus Abeledo.

Apoio técnico/fotos/redes: Rodri Gil e Mario Lois.

SODES TODOS E TODAS BENVIDAS A VISITARNOS NO POSTO DE CUAC FM, A CARÓN DA ENTRADA DA CASA DAS CIENCIAS!

E PODES ESCOITARNOS NA WEB https://cuacfm.org/directo/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.