O pasado luns 30 de outubro de 2017 CUAC FM foi a protagonista dun programa especial realizado pola veteranísima emisora comunitaria madrileña Radio Vallekas, á que lle agradecemos profundamente o seu apoio. Para CUAC é unha honra contar con tan boas amigas dentro do movemento de radios libres e comunitarias.
No seu programa matinal, Radio Vallekas realizou un especial de 1 hora e media de duración en recoñecemento e apoio á CuacFM, ante o expediente aberto pola Xunta de Galicia, que obrigou á emisora comunitaria da Coruña, a deixar de emitir na FM.
O programa estivo conducido por Valeria Surcis e Maykel Perez, locutores de Radio Vallekas, e contou coa participación de María Navarro, presidenta da Rede de Medios Comunitarios; Manuel Chaparro, profesor da Universidade de Málaga e director xeral da rede de emisoras locais andaluzas EMA-RTV e Falo Marcos coordinador da emisora asturiana Radio Kras. Por parte de CUAC FM interviron Mariano Fernández e Tomi Desastre (socios fundadores de Cuac FM). Todo este despregue foi posible grazas ao control técnico José Luis Navarro Nieto.
ESCOITA O PODCAST #CuacResiste no #MatinalRVK no noso RadioCo:
Radio Vallekas súmase así á campaña #CuacResiste e que xa conta co apoio de numerosas emisoras do terceiro sector, compañeiros de outros medios de comunicación o o Colexio de Xornalistas de Galicia, entre outras entidades galegas. Así mesmo, Cuac conta co apoio da Rede de Medios Comunitarios ou da Asociación Mundial de Radios Comunitarias.