Comunicado_AMARC_Europa

Comunicado_AMARC_Europa

A delegación europea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC Europa) oponse á decisión do goberno galego de abrir un expediente a CUAC FM. Así o expresa nun comunicado publicado na súa páxina web.

Segundo a asociación de radios comunitarias europea, o expediente aberto á CUAC FM só se pode considerar unha violación do Dereito á Comunicación (artigo 19 da Declaración dos Dereitos Humanos da ONU) e da Lei de Audiovisual Española 2010.

Segundo informou Michael Nicolai, presidente de AMARC Europa, a CUAC FM, esta asociación remitirá esta semana unha carta dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e á Secretaria Xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra, manifestando forte rexeitamento cara ao proceso disciplinario iniciado contra a CUAC FM.

Segundo AMARC, “a persecución dun medio de comunicación é unha medida de hostigamento e criminalización contra a radio comunitaria de Galicia xa que a situación de irregularidade legal é responsabilidade das administracións estatais e rexionais, xa que cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos na Lei 7/2010 de Comunicación Audiovisual”

AMARC-Europa é a sección rexional europea de AMARC que agrupa as radios libres e comunitarias e as súas federacións estatais de 23 países europeos, constituíndo unha rede de 250 emisoras de radio comunitaria en Europa.

Deixar unha resposta