Catro bandas galegas actuarán no esceario principal da Praia de Riazor os días 11 e 12 de agosto como vencedoras do XIX Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM.
Eager Platypus (Arteixo), Boaynka Kostova (Compostela), The Riggos (Vigo) e os coruñeses Hexany foron obtiveron as puntacións máis elevadas para, seguindo as bases do concurso, formar parte do espectacular Festival Noroeste Estrella Galicia, compartindo esceario con The Jesus & Mary Chain, Kaiser Cheifs, Surfin´Bichos e unha banda que ainda falta por coñecerse. Os premios que recibirán serán de 600 euros, con excepción de Hexany que levará 700 xa que foi a banda coruñesa que obtivo maior puntuación e recibe esa cantidade en concepto de Mellor banda local.
O fallo do xurado, con detalles do proceso de selección e as persoas que o compoñen, públicase no apartado correspondente ao Concurso de bandas da web de CUAC. Entre os compoñentes do mesmo temos a César Martín, director da revista Popular 1, aos xornalistas David Saavedra, Xavier Valiño e Pepe Cunha, así como a compañeiras e compañeiros da emisora que aportaron as suas votacións, algo sempre realmente complicado ante a variedade estilística das propostas que se reciben, 141 nesta XIX edición.
O día 7 de outubro celébrase a Final da Batalla de Bandas na Sala Mardi Gras. Nesta ocasión son duas bandas de Madrid as que obtiveron as máximas puntuacións: Tomaccos e Cristosaurio. Os premios de primeiro clasificado (800 euros) e segundo (600 euros) son decidios polo xurado tras a actuación.
CUAC FM quere agradecer ao Concello da Coruña a confianza no noso concurso, o máis lonxevo de Galicia, para aportar bandas ao Festival Noroeste Estrella Galicia, así como ás 141 bandas e solistas que participaron nesta edición. As cancións recibidas das diversas bandas soarán en CUAC FM na programación musical da emisora.