CUAC FM emitirá hoxe, en directo, dentro da cobertura especial desta emisora sobre o proxecto ACAMPA, un PROGRAMA ESPECIAL que se realizará dende o Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez e ao que estades todos convidados.
ESCOITA O PROGRAMA NO NOSO PODCAST: https://cuacfm.org/radioco/programmes/acampa/
Ao longo deste programa especial, pasarán polos micros de CUAC FM unha representación das entidades organizadoras da actividade, así como ONGs e organizacións que colaboran co evento.
Entre elas, falaremos con Rubén Sánchez, do Foro Galego pola Inmigración
Intermón Oxfam, Domus Africa, Sik of waiting, Aire e Solidariedade Galega.Contaremos tamén coas voces de galegos e galegas que dende Coruña, Ferrol ou toda Galicia traballan por una mundo mellor, como a Asociación ferrolana Fuco Buxán, o movemento Vangarda Obreira e a Marcha Mundial das mulleres.
Os educadores son tamén parte da solución ao problema. Por elo, convidamos ao Seminario galego pola paz e á revista Luzes para debater como dende os espazos de aprendizaxe podemos tornar conciencias e activar á cidadanía.
Finalmente, as crises humanitarias deben ter respostas políticas. Por elo, quixemos contar no programa de hoxe con representantes de 3 partidos políticos que están colaborando con ACAMPA: EQUO, PSOE, Espazo Ecosocialista e Esquerda Unida.
Un programa conducido por Isa Lema e Rubén Sánchez, e producido por Roberto Catoira, Carlos Humanismo, Tomi Desastre, Mónica Alonso, Luís Santillana, Roberto Ansede e os nosos técnicos de son Mariano Fernández e Chema Casanova.
Lembra que CUAC FM está a emitir por STREAMING todo o que acontece en ACAMPA. Sígueo en https://cuacfm.org/acampa/
ESCOITA CUAC FM NO 103.4 FM e na nosa web CUACFM.ORG/DIRECTO