O Colectivo de Universitarios Activos– CUAC-, asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará o sábado 21 de xaneiro a primeira asemblea ordinaria de 2017 á que están convocadas todas as persoas asociadas.
A asemblea está tamén aberta a calquera persona (non socia, colaboradora, simpatizante…) interesada en participar no proxecto.
A asamblea comezará ás 10:40 da mañá no CUR (Centro Universitario de Recursos), sito no Campus de Riazor, fronte á Casa da Auga.
Na asemblea informarase do estado das contas, das actividades realizadas polas diferentes coordinadoras de CUAC FM durante o ano 2016, nomeadamente, o XX aniversario de CUAC FM.
CONVOCATORIA
Lugar: C.U.R. (Centro Universitario de Riazor, fronte a Casa da Auga) Aula 1 (pranta cero)
Hora: Primeira convocatoria 10:40. Segunda convocatoria: 11:00
Orde do día.-
1.- Exposición e aprobación se procede das contas do exercizo 2016.
2.- Exposición e aprobación se procede do orzamento para o exercizo 2017.
3.- Presentación do traballo desenvolvido polas coordinadoras en 2016.
4.- Plan de actividades 2017.
5.- Rogos e preguntas
DESCARGAS:
MEMORIA ANUAL 2016 DO COLECTIVO DE UNIVERSITARIOS ACTIVOS