Escola de Verán CUAC FM 2016

CUAC FM INAUGURA MAÑÁ VERNES 15, A SÚA I ESCOLA DE VERÁN COAS XORNADAS SOBRE COMUNICACIÓN, CULTURA, DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO E INCLUSIÓN SOCIAL

 

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, dentro das actividades do XX aniversario, inaugurará o venres 15 de xullo, na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo), as xornadas “Comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario”, nas que participarán Hakan Casares (Consello da Cultura Galega), Carlos Callón (Mesa pola Normalización Lingüística), Agus Hernán (Sindicato Nacional de Radios Libres Francés), Tono Eidán (Proxecto Cárcere),  Roberto Catoira (Asociación Cultural Alexandre Bóveda) e Beatriz González de Canales (Isto é Galego, CUAC FM).

A Xornada do vernes rematará cun Radio Show conducido por Tomi Desastre no que lembraremos os mellores momentos radiofónicos de 20 anos de emisión.

Na xornada do sábado analizaremos o rol dos medios de comunicación como ferramentas de dinamización comunitaria e inclusión social. Representantes de medios comunitarios do Estado, como Alejandro Blanco (Onda Color Málaga), Jokin Garmilla (Radio Valdivieso), Javier García (Unión de Radios Comunitarias de Madrid) compartirán experiencias con Juan de Sola (Coordinadora Galega de ONDGs), Isabel Lema e María Castelo (CUAC FM), Roberto Catoira (A Fume de Carozo), Paula Tome (Radio Prometea), Clara de Vega (Padre Rubinos) e Carlos Reguera e Hortensia Rossi (Foro Galego da Inmigración).

Na tarde do 16 de xullo desenvolveremos diversos espazos de formación e traballo en rede. De maneira simultánea, desenvolverase un obradoiro de xornalismo e radioficción e un encontro de “radios libres e software libre” no que os participantes artelláran recursos tecnolóxicos para as radios libres.

A Escola de Verán de CUAC rematará o domingo de mañá cun encontro entre redes de radios galegas (CUAC FM, A Kalimera), redes de medios do Estado (ReMC, Arrosa, EMA-RTV), Portugal e Europa (AMARC, SNRL). Os participantes debaterán os retos aos que se enfronta o terceiro sector da comunicación e artellarán estratexias para una defensa dos dereitos dos medios comunitarios.

Preto de cincuenta persoas formalizaron a inscrición nas actividades da Escola, quedando aínda prazas libres. Os interesados poden inscribirse na web cuacfm.org.

A Escola de verán de CUAC FM é unha actividade educativa aberta a calquera persoa interesada e que conta coa colaboración da Universidade da Coruña, Deputación da Coruña e Obra Social La Caixa.

A Escola de Verán de CUAC FM forma parte das actividades do XX aniversario de CUAC FM. O pasado luns anunciabamos o fallo do XVIII Concurso de bandas de CUAC, premiando ás tres bandas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.