ESCOLA DE VERÁN: OBRADOIRO DE RADIO

Obradoiro  de xornalismo e radioficción: cómo facer o teu proxecto radiofónico realidade

A Coruña, 16 de xullo, 2016

Programa:

 

17:00. Cómo obter o grado en xornalismo a través do cinema e a TV.
Dinamizan: Diego de la Vega & Mr. Iverson.

Taller no que analizaremos o rol do comunicador ante á sociedade e a función de servizo público que teñen os medios de comunicación sociais. Analizaremos as prácticas xornalísticas, as cuestión éticas que se plantexa todo xornalista ou comunicador social cando aborda temáticas conflictivas, traballa con colectivos sensíbeis ou decide denunciar unha irregularidade. Todo elo, partindo do reflexo que o cinema e a televisión fan da praxe xornalística.

 

18:00. Como dar os primeiros pasiños na nosa radio comunitaria (orientado a persoas/colectivos que non teñen experiencia en radio.
Dinamizan: Roberto Ansede & Bea Ulalume.

Cómo comenzar a facer un programa de radio? En que consiste a producción radiofónica? Qué é una escaleta? Cómo falar diante de un micro? Cómo manexamos una mesa de son? Este taller ensinaramos os primeiros pasos para aquelas persoas que queiran iniciarse no maravilloso mundo da radiodifusión.

 

19:00. Radioficción: botando a voar a túa imaxinación sonora.
Dinamizan: Mónica Alonso & Fernando Liñares.

A radio é creatividade, humor, teatro, sonoridade… As ondas radiofónicas permítenos entreter e alegrar a vida dos nosos oíntes con poucos recursos máis con moita imaxinación. Este taller abordará o reto de facer un programa de radioficción extraendo o mellor dos recursos creativos presentes en toda radio comunitaria.

 

20:30. Fin do obradoiro.