CUAC FM no día da ciencia na rúa 2015

CUAC FM no día da ciencia na rúa 2015

Por cuarto ano consecutivo, CUAC FM realizará o vindeiro sábado 7 de maio, un programa especial, en directo, dende o Parque de Santa Margarida de A Coruña adicado á 21 edición do Día da Ciencia na Rúa.

CUAC FM realizará un programa en directo a partires das 11:00 da mañá e ao longo de 3 horas ininterrumpidas, falará cos verdadeiros protagonistas da xornada: investigadores e científicas, profesorado e alumnos e alumnas, presentarán os seus experimentos científicos á cidadanía coruñesa.

Podedes visitarnos no stand de CUAC FM (á esquerda da entrada da casa das ciencias) ou escoitarnos en directo a través do streaming de CUAC FM https://cuacfm.org/directo

Entrevistaremos tamén ao director dos Museos Cientificos Coruñeses, Ángel Loureiro, falaremos cos representantes das diferentes institucións presentes no día da ciencia e tamén coa asociación de amigos da casa das ciencias, entidade promotora da actividade.

Un programa comunitario de CUAC FM no que participarán Isabel Lema, Samuel Sánchez Cao, Tomi Legido, Iverson, Chema Casanova, Roberto Ansede, Mary Carmen Vivas, Javier Sal, Silvia Touza, Angela Precedo, Xian e Cintia García. No traballo de producción estiveron Bea Ulalume e Noel Miguélez. 

Se queres escoitar os nosos anteriores especiais sobre o día da ciencia na rúa visita a nosa web: https://cuacfm.org/dia-da-ciencia-na-rua/

Día da Ciencia na Rúa

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.